Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28119

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a corrección de erros da Resolución do 25 de marzo de 2019 pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da comunidade autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, procedeuse á aprobación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa comunidade autónoma.

No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.

En desenvolvemento da citada Lei do deporte, o Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes, e a Orde do 30 de maio de 2005, pola que se establecen os criterios tidos en conta para determinar que deportistas deben posuír tal consideración, atribuíndo, así mesmo, á comisión de avaliación e seguimento dos deportistas galegos de alto nivel a función de propoñer ao órgano competente en materia de deporte a relación de deportistas galegos de alto nivel.

Segundo o disposto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro «As administracións públicas poderán revogar, mentras non transcorrese o prazo de prescrición, os seus actos de gravame ou desfavorables, sempre que tal revogación non constitúa dispensa ou exención non permitida polas leis, ni sexa contraria ao principio de igualdade, ao interese público ou ao ordenamento xurídico».

Así mesmo «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

En consecuencia, atendendo a proposta enviada, con data do 14 de marzo de 2019, pola referida comisión de avaliación e seguimento dos deportistas galegos de alto nivel, na súa reunión de valoración do procedemento de novembro de 2018, detectáronse erros polo cal esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as modificacións dos erros detectados nos apelidos e nome dos deportistas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Aprobar a relación de deportistas que cumpren os criterios para seren recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel, que se relacionan no anexo I desta resolución e, que en consecuencia, gozan da consideración de alto nivel e gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta secretaria xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

Anexo I

Na Resolución do 29 de marzo, publicada o 5 de abril de 2019, DOG número 67, na páxina 17361, do anexo I, Deportistas recoñecidos/as polo procedemento iniciado en novembro de 2018, onde di:

Apelidos

Nome

NIF

Federación

62

Maqueira Piñeiro

David

***7794**

Piragüismo

67

Oliveiras Argibay

Marina

***1641**

Patinaxe

80

Rochez Márquez

Óscar Efraim

***7374**

Boxeo

Debe dicir:

Apelidos

Nome

NIF

Federación

62

Maquieira Piñeiro

David

***7794**

Piragüismo

67

Oliveras Argibay

Marina

***1641**

Patinaxe

80

Rochez Márquez

Óscar Efrain

***7374**

Boxeo

Anexo II

No anexo II, Deportistas non recoñecidos/as, páxina 17364.

B. Por estar xa recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel, onde di:

Apelidos

Nome

NIF

1

Alonso Aradas

Melina

***2387**

C. Por non cumprir trámite administrativo e fóra de prazo,

Apelidos

Nome

NIF

1

Canal Blanco

Carlos

***4231**

Debe dicir:

No anexo I, Deportistas recoñecidos/as polo procedemento iniciado en novembro de 2018.

Apelidos

Nome

NIF

Alonso Aradas

Melina

***2387**

Canal Blanco

Carlos

***4231**