Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28122

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia, polo que se aproba a actualización das táboas salariais do ano 2019.

Visto o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2019, subscrito entre AERGAG e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT, na reunión que tivo lugar o 13 de marzo de 2019, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 13 de marzo de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas a continuación mencionadas que forman a comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia.

Parte empresarial:

Saturnino Balderrábano Mayo (AERGAG).

José Carlos García Cumplido (AERGAG).

José Jesús Fernández Costa (AERGAG).

Parte sindical:

Pedro Antonio Beade Roel (CC.OO.).

Martín Martínez Figueiro (UGT).

Reúnese esta comisión paritaria para o efecto de actualizar as táboas salariais do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia do ano 2019. Logo das oportunas deliberacións e debate sobre a cuestión obxecto da reunión, esta comisión paritaria

ACORDA:

Primeiro. As táboas salariais do ano 2019 actualizaranse segundo o previsto no convenio colectivo de aplicación para o sector, cun incremento do 1,2 %, que se corresponde co incremento do IPC real do ano 2018. O incremento terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2019. As ditas táboas, debidamente actualizadas achéganse como anexo á presente acta.

Segundo. Delegar no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.

E non habendo máis asuntos que tratar, remata a reunión ás 12.15 horas, e as partes asinan a presente acta en proba de conformidade.

Táboas salariais 2019
2019 (IPC 1,2%)

Persoal de produción

– Salario base:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

1.304,26 €

De 51 t a 130 t

1.361,55 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

1.506,47 €

De máis de 500 t:

1.651,39 €

Persoal condutor operador de guindastre articulado

1.304,26 €

Persoal axudante

1.173,94 €

Persoal condutor

1.396,94 €

Persoal mecánico oficial 2ª

1.173,94 €

Persoal mecánico oficial 1ª

1.173,94 €

Persoal xefe de taller

1.572,75 €

Persoal axudante

1.122,98 €

Ordenanza

1.114,81 €

Persoal de limpeza

1.114,81 €

– Complemento de posto de traballo:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t:

156,15 €

De 51 t a 130 t

211,20 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

290,96 €

De máis de 500 t:

454,97 €

Persoal condutor de guindastre articulado (sobre camión)

156,15 €

– Complemento de posto de traballo:

Persoal mecánico oficial 2ª

176,09 €

Persoal mecánico oficial 1ª

234,79 €

Persoal técnico e de administración

Persoal titulado de grao superior

1.442,74 €

Persoal titulado de grao medio

1.253,78 €

Persoal xefe de administración

1.285,89 €

Persoal oficial administrativo

1.184,20 €

Persoal auxiliar administrativo

1.104,59 €

Persoal comercial

1.184,20 €

Persoal telefonista

1.093,58 €

– Importe das axudas de custo

En Galicia:

Comida

10,58 €

Cea

10,58 €

Pernoita (incluído almorzo)

26,44,

Resto de España e Portugal:

Comida

12,69 €

Cea

12,69 €

Pernoita (incluído almorzo)

31,73 €