Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28378

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba e se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Mediante a Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, que establece como sistema selectivo o de concurso-oposición.

A base II.3.3 da convocatoria dispón que «os méritos enumerados na base II.3.1 deberán referirse á data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e deberán acreditarse de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no Diario Oficial de Galicia. Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento».

En cumprimento da previsión anterior, e co obxecto de que as persoas aspirantes poidan acreditar os méritos con que conten na fase de concurso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar e publicar o procedemento que se seguirá para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Para acreditar os méritos recollidos na base II.3.1.1 «Antigüidade (servizos prestados nas administracións públicas)».

a) No caso de servizos prestados na Xunta de Galicia, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada polas unidades seguintes de acordo co último destino definitivo no día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia:

– Servizos centrais: secretaría xeral técnica, subdirección xeral ou xefatura do servizo que teña atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, ou titulares dos órganos ou unidades equivalentes das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

– Servizos periféricos: xefaturas territoriais ou, de ser o caso, persoal responsable da área de persoal das xefaturas territoriais da consellería respectiva, ou das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

b) No caso de servizos prestados noutras administracións públicas, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada pola unidade responsable da área de persoal da administración correspondente, debendo achegar ademais certificado de vida laboral emitido polo órgano competente da Seguridade Social e copia do contrato ou nomeamento.

Para os efectos do cómputo dos servizos prestados, os meses consideraranse integrados por 30 días naturais e as fraccións de mes poderán sumarse entre si para acadar un mes completo, deprezándose a fracción resultante inferior ao mes.

Non se valorará ningunha experiencia profesional que non conste no anexo citado.

Terceiro. Para acreditar os méritos recollidos na base II.3.1.2 «Cursos de formación e perfeccionamento», as persoas aspirantes deberán presentar copia debidamente cotexada dos documentos que acrediten que realizaron e superaron os cursos.

Cuarto. Para acreditar os méritos recollidos na base II.3.1.3 «Grao de coñecemento do idioma galego», as persoas aspirantes deberán presentar copia debidamente cotexada dos documentos que acrediten o grao de coñecemento do idioma galego.

Quinto. Para acreditar os méritos recollidos na base II.3.1.4 «Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia», as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución.

Sexto. Todas as follas de documentación que se acheguen deberán estar numeradas correlativamente.

Sétimo. As persoas aspirantes disporán, para presentar a documentación sinalada no punto anterior, dun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución do tribunal pola que se fagan públicas as notas do segundo exercicio da fase de oposición ou da resolución pola que se declare a todas as persoas exentas del no Diario Oficial de Galicia. Esta documentación irá dirixida á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Méritos que se fan constar relativos á fase de concurso:

Don/Dona

(Nome do funcionario/a que certifica)

Cargo

CERTIFICA que, segundo os datos que constan neste centro directivo, D./Dna. ______________________________________________________________, con DNI __________________________,

ten acreditados os seguintes méritos:

Base II.3.1.1. Servizos prestados nas administracións públicas (antigüidade):

Denominación do posto
de traballo

Período

Días

Tipo de relación

Do

Ao

Total

Base II.3.1.4. Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria do proceso selectivo no DOG:

Permiso por parto, permiso do outro proxenitor ou redución de xornada artigo 106.2.a) e b) da LEPG

Data

Excedencia para o coidado de fillos/as menores
de tres anos e familiares

Desde

Ata

O que fago constar para os efectos de participación da persoa interesada no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), e asino esta certificación en _________________________, o ______________________________.