Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28377

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2019 o tribunal nomeado pola Orde do 26 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto nas bases II.1.1.2 e II.1.2.8 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación do aspirante convocado ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome

NIF

Cualificación 2º exercicio

Álvarez Espejo, Iván

***7710**

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á puntuación no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal