O 14 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 9, a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.
Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para os anos 2019 e 2020.
No artigo 3.1 das citadas bases reguladoras prevese que as subvencións obxecto da devandita convocatoria se financiarán para o ano 2019 cun crédito total de 1.316.668 € e para o ano 2020 cun crédito total de 683.332 €, distribuído nas seguintes aplicacións orzamentarias en función das distintas liñas de solicitantes previstas:
– Na liña 1, 583.334 € para o ano 2019 e 291.666 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 760.0.
– Na liña 2, 533.334 € para o ano 2019 e 291.666 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 770.0.
– Na liña 3, 200.000 € para o ano 2019 e 100.000 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 781.0.
O artigo 3.2 prevé a posibilidade de ampliar o citado crédito máximo de conformidade co disposto no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o aumento veña derivado das causas establecidas no número 2 do citado artigo, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
O artigo 31 do dito regulamento, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Tendo en conta que existe crédito susceptible de ser utilizado para este fin como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, e que no transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas nalgunha das liñas o número de solicitantes foi inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou amplamente a dispoñibilidade orzamentaria, considérase conveniente facer unha redistribución de fondos entre as distintas aplicacións e ampliar o importe inicial para o ano 2019 en 896.900 € e para o ano 2020 en 1.866.400 €, de maneira que se poidan atender un maior número de solicitudes presentadas.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,
RESOLVO:
Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria para o ano 2019 na contía de 896.900 € e para o ano 2020 na contía de 1.866.400 €, polo que o crédito orzamentario total asignado para estas axudas para a anualidade 2019 tras esta ampliación ascende a 2.213.568 € e para a anualidade 2020 ascende a 2.549.732 €.
Segundo. Redistribuír os fondos asignados ás subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo para a anualidade 2019, en función do volume de solicitudes, do seguinte xeito:
Liñas |
Aplicación orzamentaria |
Dotación orzamento inicial 2019 |
Modificacións |
Dotación orzamentaria final 2019 |
Liña 1 |
11.A2 761A 760.0 |
583.334 |
- 108.100 |
475.234 |
Liña 2 |
11.A2 761A 770.0 |
533.334 |
82.000 |
615.334 |
Liña 3 |
11.A2 761A 781.0 |
200.000 |
923.000 |
1.123.000 |
Total |
1.316.668 |
896.900 |
2.213.568 |
Terceiro. Redistribuír os fondos asignados ás subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo para a anualidade 2020, en función do volume de solicitudes, do seguinte xeito:
Liñas |
Aplicación orzamentaria |
Dotación orzamento inicial 2020 |
Modificacións |
Dotación orzamentaria final 2020 |
Liña 1 |
11.A2 761A 760.0 |
291.666 |
38.300 |
329.966 |
Liña 2 |
11.A2 761A 770.0 |
291.666 |
506.600 |
798.266 |
Liña 3 |
11.A2 761A 781.0 |
100.000 |
1.321.500 |
1.421.500 |
Total |
683.332 |
1.866.400 |
2.549.732 |
Cuarto. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia