Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28568

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo de 2019, é necesario efectuar as seguintes correccións:

No anexo V, páxina 13251, onde di:

«Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, na cal os tribunais proporán unha soa opción».

Debe dicir:

«Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez, poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, así como na especialidade de Informática, nas cales os tribunais proporán unha soa opción».

Na páxina 13262, no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas da especialidade de Inglés, onde di:

«– Inglés.

A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resumo da información que contén.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico e unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».

Debe dicir:

«– Inglés.

1. A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resumo da información que contén.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

2. A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

3. Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico ou unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».