No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo, rúa Concepción Arenal 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 3 de xuño de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
1. Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/256-5.
NIF: 45870690L.
Último enderezo coñecido: Joaquín Loriga 29 baixo, 36500 Lalín, Pontevedra.
Tipo de axuda: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.
Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 17.b) da devandita Orde do 28 de decembro de 2015.
Contido da resolución: resolución de declaración de procedencia de reintegro.
Data da resolución: 24.4.2019.