Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización da constitución do couto mineiro nas concesións Conchitina e demasías, número 4980, e Conchitina 2, número 5701, no concello do Vicedo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo fai público que o director xeral de Enerxía e Minas, o 12 de marzo de 2018, asinou a resolución de autorización da constitución do couto mineiro nas concesións Conchitina e demasías, número 4980 e Conchitina 2, número 5701, constituíndo unha unidade de explotación que a seguir se describe:

Nome: couto Mineiro Conchitina.

Recurso: cuarzo.

Termo municipal: O Vicedo.

Titular: Cuarzos Industriales, S.A.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 22 de maio de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo