O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre do exercicio 2018, que se anexa a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Convenio |
Data sinatura |
Importe € |
|||
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
||
Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise e seguimento do impacto da automatización na economía galega. |
11.9.2018 |
Sen achega económica |
|||
Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia CFV e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a mellora das competencias directivas. |
14.9.2018 |
60.000,00 |
|||
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas-Exponav, para a conservación e tratamento curativo e preventivo de diferentes pezas do Museo da Construción Naval e das Actividades Marítimas «Exponav». |
26.9.2018 |
13.500,00 |
|||
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., editora do xornal La Voz de Galicia, para o desenvolvemento dunha plataforma dixital de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen tanto o mapa empresarial como o ecosistema innovador da comunidade galega. |
27.9.2018 |
100.000,00 |
|||
3ª Addenda ao Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica para a realización de accións de formación e titorización no marco de espazos de coworking. |
27.9.2018 |
Sen achega económica |
|||
Convenio de colaboración entre Axencia Galega de Innovación (Gain), Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), a Fundación CEL Iniciativas por Lugo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Indra Sistemas, S.A. (Indra) e Babcock Mission Critical Services España, S.A. (Babcock), para a posta en marcha da Aeronautics Business Factory-ABF. |
3.10.2018 |
32.580,00 |
225.344,00 |
354.748,00 |
187.328,00 |
Memorandum de cooperación entre a Cámara de Comercio China para Importación y Exportación de Maquinaria y Productos Electrónicos (CCCME) e a Xunta de Galicia. |
7.11.2018 |
Sen achega económica |
|||
2ª Addenda ao Convenio de colaboración, asinado o 14 de decembro de 2017, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa Incyde, para o desenvolvemento dos programas de formación denominados autoemprego e consolidación empresarial dentro do Programa operativo de emprego, formación e educación (POEFE) cofinanciado por FSE. |
12.11.2018 |
Sen achega económica |
|||
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Gain), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF). |
5.12.2018 |
115.816,45 |
115.493,79,00 |
281.906,47 |
328.048,80 |