A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.
Por todo canto antecede, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Autorización de ensinanzas
Autorizar as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES O Ribeiro, do concello de Ribadavia (código 32015475) a partir do curso 2019/20.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo
Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional