Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29231

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, 20 prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa-Semana Europea das Rexións e das Cidades.

O día 28 de maio de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e a aprobación das bases reguladoras polas que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das prazas para participar no devandito programa.

Segundo o establecido no artigo 15 dos estatutos da Fundación Galicia Europa (FGE), en ausencia do presidente da Fundación corresponde ao vicepresidente asinar as convocatorias públicas das axudas, subvencións e bolsas formativas da Fundación.

Á vista do anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocatoria

Convocar 20 prazas para o desenvolvemento dunha edición de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (en diante, bases reguladoras).

Segundo. Duración e lugar de realización das actividades formativas

A edición desenvolverase entre os días 7 e 11 de outubro en Bruxelas, coincidindo coa Semana Europea das Rexións e das Cidades. A Fundación Galicia Europa asesorará e prestará apoio as persoas participantes para a súa asistencia aos seminarios e obradoiros celebrados durante esa semana.

Terceiro. Financiamento da actividade

1. O importe destinado ao financiamento da actividade formativa ascende a un total de catorce mil euros (14.000,00 €).

O financiamento desta actividade pola FGE enmárcase na epígrafe gastos por axudas e outros, axudas monetarias, con cargo á conta 65001 «Axudas monetarias individuais», do orzamento de gastos da FGE para o exercicio 2019 que ten crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento.

2. A FGE aboará un máximo de 700 € a cada persoa beneficiaria.

Cuarto. Requisitos dos beneficiarios e presentación de solicitudes

1. Para poder ser beneficiario da bolsa as persoas candidatas deberán pertencer a algunha das entidades do artigo 5.1 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse de acordo co establecido no artigo 6 das bases reguladoras

3. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a documentación a que fai referencia o artigo 7 das bases reguladoras.

4. O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será o establecido no artigo 8 das bases reguladoras.

Quinto. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo (PR816A) poderase obter información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b) Na páxina web da Fundación Galicia Europa: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

c) No enderezo electrónico:

santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu ou bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

d) Nos teléfonos: 981 54 10 12 ou +32 (0) 27 35 54 40.

e) Persoalmente no enderezo da Fundación Galicia Europa:

En Santiago de Compostela: rúa do Hórreo 61.

En Bruxelas: Rue de la Loi/Wetstraat 38-2°, bte. 2

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral, poderán facer as súas consultas no teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es.

Sexto. Criterios de adxudicación

1. De existiren máis persoas candidatas que prazas, aplicarase o seguinte sistema de adxudicación:

a) En primeiro lugar, terán preferencia as persoas que traballen en entidades con experiencia na participación en proxectos europeos ou que estean a preparar algunha candidatura específica para un proxecto europeo. Estes criterios valoraranse a través da breve exposición do anexo III.

b) En segundo lugar, terán preferencia as persoas candidatas que acrediten máis horas de formación en fondos estruturais, proxectos ou asuntos europeos.

c) Finalmente, valorarase o nivel de coñecemento das linguas inglesa e/ou francesa.

2. Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades, establécese unha reserva mínima de prazas para cada unha das categorías do artigo 5.1 das bases reguladoras:

a) 7 prazas para persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación da Coruña e Deputación de Lugo ou outras entidades que poidan formar parte do padroado no futuro.

b) 6 prazas para persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións).

c) 7 prazas para persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.

3. Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades, establecese unha limitación de 2 persoas beneficiarias dunha mesma entidade, salvo no caso de vacantes na categoría. As entidades do artigo 5.1.a) das bases reguladoras quedan exceptuadas do anterior.

Sétimo. Xustificación e pagamento das bolsas

Os beneficarios deberán presentar as xustificacións da bolsa de acordo co artigo 19 das bases reguladoras para ter dereito ao pagamento das axudas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa