Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29793

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico (subgrupo C1).

Mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, acórdase o peche e apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico (subgrupo C1) (DOG núm. 41, do 27 de febreiro).

O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral figura regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

O período para a presentación de solicitudes estivo aberto desde o 1 de marzo ata o 31 de marzo de 2019, ambos incluídos.

Unha vez rematado o dito prazo foron examinadas as solicitudes presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico (subgrupo C1).

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

• Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

• Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo corpo, escala e especialidade, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluídos non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.

Quinto. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Certificación de servizos prestados

(Resolución do ... DOG núm. ... do ... de ... de 201...)

Dª/d. ......................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo ................................................ CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don ................................................................ con DNI núm. ........... prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

GRUPO/CATEGORÍA

(código)

CORPO/ESCALA

(código)

DENOMINACIÓN

DO POSTO

CONSELLERÍA OU

ORGANISMO AUTÓNOMO

DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO DO POSTO

DE TRABALLO

(de ser o caso)

DESCONTINUO (SI/NON)*

FIN DE SEMANA (SI/NON)*

DATA INICIO

DATA

FIN

TOTAL

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en ......................., a ... de ......... de 201...

(SINATURA)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2018.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.