Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29792

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 3 de xullo de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na Escola Galega de Función Pública.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Se durante a celebración do exercicio se constata que algunha persoa aspirante fai uso do material descrito, fala con outro opositor ou copia, o tribunal procederá á súa inmediata expulsión do exame.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2019

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal