Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29787

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2019.

O 28 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 19, a Resolución do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2019.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para o ano 2019.

No artigo 3.1 das citadas bases reguladoras prevese que as subvencións obxecto da devandita convocatoria se financiarán cun crédito de 1.000.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2 761A 770.0, proxecto 2015 00005, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009 do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios do artigo 12.

Segundo se establece no citado artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios en que publicou a convocatoria, sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

Tendo en conta que existe crédito susceptible de ser utilizado para este fin como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, e o elevado volume de solicitudes recibidas en relación co orzamento dispoñible, considérase conveniente ampliar o importe inicial en 250.000 € de maneira que se poida atender un maior número de solicitudes presentadas.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

1. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 250.000 €, polo que o crédito orzamentario total asignado para estas axudas tras esta ampliación con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2 761A 770.0, proxecto 2015 00005, ascende a 1.250.000 €.

2. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia