Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2016/3037).

Expediente: IN407A 2016/3037.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMTS, CTC e RBT Sixto-Mauriz e anexo 1.

Concello: Fene.

Feitos.

1. O 26 de decembro de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, cunha lonxitude de 1,112 m, coa orixe no CT O Cádavo (expediente 254/01), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV AI, e final nos empalmes proxectados na LMTS ASN-706, no tramo entre o CT O Cádavo (expediente 254/01) e o CT avenida Concello (expediente 495/06), logo de realizar a entrada e saída no CT Sixto-Mauriz proxectado.

– Centro de transformación prefabricado Sixto-Mauriz, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 30 de xaneiro de 2017.

– DOG: 21 de febreiro de 2017.

– BOP: 6 de febreiro de 2017.

– Xornal La Voz de Galicia: 3 de marzo de 2017.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 21 de febreiro de 2017.

Ao mesmo tempo, realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións.

– Esperanza Maceira González manifesta actuar en nome e representación de José Maceira Eibe, e mediante escrito do recibido o 12 de abril de 2017 solicita a expropiación total do predio, ao abeiro do artigo 23 da Ley de expropiación forzosa.

Destas alegacións déuselle traslado á promotora, que contestou o seguinte:

– Manifesta oporse á expropiación da totalidade do predio por falta de xustificación da solicitude.

5. Durante o período en que se someteu o anexo 1 ao trámite de información pública foi presentada a seguinte alegación.

– Esperanza Maceira González manifesta actuar en nome e representación de José Maceira Eibe e, mediante escrito recibido o 18 de marzo de 2019, solicita o seguinte:

– Comprobar a situación exacta duns apoios existentes de baixa tensión no seu predio.

– Definir detalladamente a afección do seu predio.

– Que se mellore a oferta por parte da beneficiaria ou que se expropie a totalidade do soar.

Destas alegacións déuselle traslado á promotora, que contestou o seguinte:

– Non ten nada que alegar en relación co apoio de baixa tensión.

– Será o Xulgado de Expropiación de Galicia o que valorará o prexuízo ocasionado ao expropiado.

– Cuestiona a cualificación urbanística que sostén o afectado que ten o seu predio.

– Afirma que a documentación existente no proxecto é suficiente para definir a afección do predio. Non obstante, no momento en que se efectúe o levantamento da acta previa á ocupación, será sinalada.

6. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas.

7. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos á expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións da promotora, cómpre sinalar:

En relación coas solicitudes realizadas por Esperanza Maceira González, de expropiación da totalidade do predio, de definir a súa cualificación urbanística e de concretar con total precisión as afeccións, indicar que estas deberán ser valoradas no momento adecuado do procedemento de expropiación.

Os apoios da rede de baixa tensión situados no predio do afectado son existentes e non son obxecto deste proxecto.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado

resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 31 de maio de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña