Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 915/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 915/2018, por instancia de Horacio de Jesús Veloz Carrizales contra Susoteca, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou Sentenza do 28 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo.

Desestímase a demanda interposta por Horacio de Jesús Veloz Carrizales contra a empresa Susoteca, S.L. estimándose a excepción de caducidade da acción e, en consecuencia:

– Declárase a caducidade da acción de despedimento exercida.

– Absólvese a Susoteca, S.L. das pretensións exercidas contra ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou, no mesmo día da súa data, celebrando audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Susoteca, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza