Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1155/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1155/2016, por instancia de Manuel Enrique Naveira Soto contra Voz y Datos Comunicaciones, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, en que se ditou Sentenza do 28 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda interposta por Manuel Enrique Naveira Soto contra a empresa Voz y Datos Comunicaciones, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Voz y Datos Comunicaciones, S.L. a aboar a Manuel Enrique Naveira Soto a cantidade de dous mil oitocentos noventa e cinco euros con cincuenta e seis céntimos (2.895,56 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro por mora do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Voz y Datos Comunicaciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza