Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 253/2017).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 253/17 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta María Iglesias Lema contra a empresa Mamparas y Tabiquería Bergondo, S.L., Fondo de Garantía Salarial e administración concursal de Mamparas y Tabiquería Bergondo, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Marta María Iglesias Lema, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mamparas y Tabiquería Bergondo 92, S.L., en situación de concurso, a que aboe á demandante a cantidade de 1.077 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o xuro do 10 % por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mamparas y Tabiquería Bergondo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza