Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 132/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 132/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Cotemac, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di como segue:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Cotemac, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Cotemac, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.632,91 €, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza