Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (138/2019).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 138/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Sánchez Montes contra José Veiga Cruz sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di como segue:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Ramón Sánchez Montes, contra o empresario individual José Veiga Cruz, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 31 de decembro de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes desde a data do despedimento (31 de decembro de 2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando o empresario individual José Veiga Cruz ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.485,78 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Sánchez Montes contra o empresario individual José Veiga Cruz e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual José Veiga Cruz a que aboe á demandante a cantidade de 1.305,67 € brutos, polos salarios de decembro de 2018, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar, por comparecencia ou por escrito, ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo salientar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta núm. 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Veiga Cruz, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza