Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 58/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 58/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julián Ramos Zapata contra José Antonio Pazos Sobral, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do Decreto nº 99/2019, do 20 de febreiro, ditado no procedemento CUA 343/2018 a favor da parte executante, Julián Ramos Zapata, contra José Antonio Pazos Sobral, parte executada, por importe de 1.028,5 euros en concepto de principal (honorarios de letrado).

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

Parte dispositiva:

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir o executado, José Antonio Pazos Sobral, co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 1.028,50 euros en concepto de principal (honorarios de letrado) e ingrese o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0058 19), con apercibimento de que, no caso de con numprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática do xulgado.

2. Requirir a José Antonio Pazos Sobral co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e tamén se lle poderán impor multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Julián Ramos Zapata, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter nesta execución.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a José Antonio Pazos Sobral, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza