Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 693/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 693/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Raña Pampín contra a empresa Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución

Estímase integramente a demanda presentada pola parte demandante fronte a Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e condénase a demandada ao aboamento de 8.815,23 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Stylo Baño e Interiorismo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza