Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 96/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 96/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de MC Mutual (MC Mutual) contra José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Iglesias Garaboa José A. y otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Pontevedra, S.L. e, subsidiariamente, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 88/2019, do 22 de febreiro, ditada no procedemento SSS 389/2015 a favor da parte executante, MC Mutual (MC Mutual), contra José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Iglesias Garaboa José A. y otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L. e, subsidiariamente, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, parte executada, por importe de 603,42 euros en concepto de principal (diferenzas de prestación de incapacidade temporal) máis outros 60,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Iglesias Garaboa José A. y otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, MC Mutual (MC Mutual), polo prazo de quince (15) días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza