Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de animador/a cultural.

Resolución do 6 de xuño de 2019, referente á convocatoria para prover unha praza. No Boletín Oficial da provincia núm. 111, do 13 de xuño de 2019, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria da praza de animador/a cultural de novo ingreso (segundo proceso por quedar deserto o anterior) da oferta de emprego público de 2016 publicada no BOP o 27 de outubro de 2016 (persoal laboral indefinido) mediante o sistema de oposición libre.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación no BOE tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

A Laracha, 14 de xuño de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde