Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle formulado para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4 (antigo bloque 1) do parque empresarial As Gándaras, que modifica o anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo acordo plenario do 4 de maio de 2015.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 25.4.2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 13.3.2019, o estudo de detalle formulado pola entidade mercantil Desguaces Herbón, S.L. para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4 (antigo bloque 1) do parque empresarial As Gándaras, que modifica o anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo acordo plenario do 4.5.2015 (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG a que fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 14 de xuño de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal, en funcións