Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29881

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 66/2019, do 11 de xuño, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación Intersindical Galega o 20 de maio de 2019,

DISPOÑO:

Que cese, como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Fernando Roberto Acuña Rúa, en representación da Confederación Intersindical Galega.

Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente