Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29882

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 67/2019, do 11 de xuño, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación Intersindical Galega o 20 de maio de 2019,

DISPOÑO:

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Susana Méndez Rodríguez, en representación da Confederación Intersindical Galega.

Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente