Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican dous acordos declarativos da procedencia de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2016 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás empresas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm.135, do 18 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse ante a Secretaría Xeral de Emprego recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Resolución

Data da resolución

TR807I 2016/70-0

Turema Castro, S.L.

B94124211

Lalín

Procedencia de reintegro

1.4.2019

TR807I 2016/204-0

Turema Castro, S.L.

B94124211

Lalín

Procedencia de reintegro

1.4.2019