Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, da resolución pola que se amplía a declaración mineral natural ás augas da sondaxe denominada S-7 no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto no Decreto 402/1996, de 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineiro medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, anúnciase que mediante a Resolución do 9 de outubro de 2018 declárase a ampliación da condición mineral natural ás augas da sondaxe denominada S-7, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ourense, 21 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense