Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29902

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 68/2019, do 13 de xuño, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín.

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2018, publicouse o Anuncio do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, certificados e alegacións presentadas, o 29 de maio de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a construción pola marxe esquerda da estrada PO-313, Marín-Moaña, dun itinerario peonil e ciclista, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+380 e 3+330, coas seguintes actuacións proxectadas: construción dun beiril sobre unha canle fluvial con zona peonil, execución de sendas e instalación de beirarrúas.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do apartado dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06.

Santiago de Compostela, trece de xuño de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade