Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (232/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 232/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de maio de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 232/2017 sendo parte neste, dun lado como demandante José Antonio González Mena, representado polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo e como demandada Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e Fogasa, sobre reclamacións de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Jorge Antonio González Mena, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.642,47 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza