Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (908/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 908/2018 por instancia de Hernán Agustín Rodríguez Castrillón contra a empresa Sernauta Bodegas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou Sentenza con data do 27.5.2019, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Hernán Agustín Rodríguez Castrillón fronte á empresa Sernauta Bodegas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Sernauta Bodegas, S.L. ao traballador Hernán Agustín Rodríguez Castrillón.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Sernauta Bodegas, S.L. a aboarlle a Hernán Agustín Rodríguez Castrillón a cantidade de mil trescentos dezanove con setenta e tres euros (1.319,73 euros) en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sernauta Bodegas, S.L., expido e asino esta resolución.

A Coruña, 4 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza