Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (646/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 646/2016 por instancia de Oriente Emilio Romar Moreira contra o Fondo de Garantía Salarial, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad e a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., sobre incapacidade temporal, nos cales se ditou auto de aclaración con data do 30.5.2019 que copiado nos particulares necesarios di así:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Aclarar a sentenza ditada con data do 16.5.2019 nos seguintes termos:

Resolvo:

Acéptase a demanda formulada por Oriente Emilio Romar Moreira fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa e Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. a aboarlle a Oriente Emilio Romar Moreira, en concepto de prestacións de IT a cantidade de tres mil douscentos sesenta e un euros con dezaseis céntimos de euro (3.261,16 euros), dos cales responderá a Mutua Fraternidad Muprespa en virtude do pagamento delegado da cantidade de tres mil cento cincuenta e cinco euros con trinta e dous céntimos de euro (3.155,32 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Contra este auto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que se é o caso poida interporse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe. O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza