Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30130

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

11.1.2019

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Miño

Reparación, conservación e mantemento da área infantil situada no porto de Miño

20.2.2019

Non ten

Portos de Galicia e Concello de Pontecesures

Addenda ao convenio para a actuación de acondicionamento da zona no porto de Pontecesures (convenio asinado o 17.9.2017)

22.3.2019

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Execución das actuacións de reordenación do paseo das Carolinas e do parque García Bayón no Concello de Ribeira

22.4.2019

479.139,27 €