Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal.

O 14 de maio de 2019 o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de Oroso, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante 2 meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o devandito período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Proceder á suspensión do outorgamento de licenzas nos ámbitos de actuación dos sectores 9, 10 e 11 de solo urbanizable delimitado actualmente vixentes de conformidade co previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á vista de que segundo os servizos urbanísticos municipais as modificacións propostas supoñen novas determinacións que modifican a ordenación urbanística vixente nos ámbitos de actuación dos citados sectores.

Cuarta. Dar traslado do presente acordo xunto co resto do expediente ao órgano competente en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, a fin de que este poida levar a cabo as consultas previstas, se é o caso, no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, así como dar audiencia aos concellos limítrofes e recadar os informes sectoriais autonómicos preceptivos, que deberán de ser emitidos no prazo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Oficina Municipal de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Oroso, 24 de maio de 2019

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde