Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Fudace en Castro de Ribeiras de Lea.

O Pleno do Concello de Castro de Rei, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 24 de maio de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, de acordo co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Pleno da Corporación, definitivamente o Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Fudace-documento de aprobación definitiva, con data de novembro de 2018, en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei), presentado por iniciativa de Luis Abelleira Mayor en representación de Fundación de Daño Cerebral.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co disposto no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Terceiro. Remitir o plan especial ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia para a súa inscrición no citado rexistro, de acordo co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199 do Regulamento da citada lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Castro de Rei, 4 de xuño de 2019

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde en funcións