Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30290

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

No Diario Oficial de Gaicia núm. 113, do 14 de xuño de 2018, publicouse a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

No seu artigo 37, a citada orde establece que «resoltos os concursos xerais de traslados, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a realizar no Diario Oficial de Gaicia a convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso correspondente», indicando a continuación o contido mínimo da citada convocatoria.

Con base no citado artigo, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Convocar o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Segundo. O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Terceiro. As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ o 2 de xullo de 2019.

Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións. Transcorrido este prazo publicarase a lista definitiva do persoal docente que ten a obriga de participar. A data previsible de publicación da lista definitiva é o 26 de xullo de 2019.

Cuarto. A data previsible de resolución provisional do concurso e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para o corpo de mestres, é o 26 de xullo de 2019.

Para o corpo de mestres, o prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é de dous (2) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/

As reclamacións ou renuncias indicadas no parágrafo anterior formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial, a persoa reclamante será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

Quinto. A data previsible de resolución provisional do concurso e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para os corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, é o 31 de xullo de 2019.

Para estes corpos, o prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é o comprendido entre o día seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ e o 3 de setembro de 2019.

As reclamacións ou renuncias indicadas no parágrafo anterior formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial, a persoa reclamante será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

Sexto. A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para o corpo de mestres, é o 1 de agosto de 2019.

A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para os corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, é o 10 de setembro de 2019.

Coa publicación da adxudicación definitiva no portal da internet enténdese publicada a relación de persoal docente que participa no concurso de adxudicación definitiva. Esta adxudicación definitiva terá efectividade do día seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ , sen prexuízo de que a toma de posesión se efectuará conforme o disposto no artigo 41.

A adxudicación definitiva dos destinos provisionais dos dous colectivos publicarase tamén no DOG.

Sétimo. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, https://www.edu.xunta.es/cadp e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018.

Os anexos coa relación de centros que pode solicitar o persoal concursante estarán dispoñibles no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ e na páxina web https://www.edu.xunta.es/cadp segundo o seguinte detalle:

Anexo II: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e o de profesores técnicos de formación profesional.

Anexo III: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Anexo IV: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Anexo V: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de profesores de música e artes escénicas

Anexo VI: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de artes plásticas e deseño e de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Anexo VII: relación dos centros que pode solicitar o persoal docente do corpo de mestres.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos