Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30301

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de letrados polo sistema xeral de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución do 3 de abril de 2019 (DOG núm. 72, do 12 de abril), mediante a cal se convocou un proceso selectivo para o ingreso na escala de letrados polo sistema xeral de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, resolve:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo electrónico:

https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motiven a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

• Tribunal titular:

– Presidencia: Manuel Castro Oliva, escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

– Vogais:

Mª Antonia Arias Martínez, profesora titular de universidade da área de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.

Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de universidade da área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.

Xesús Manuel Costas Abreu, técnico de administración xeral da Administración local do Concello de Vigo.

– Secretaría: Mª de los Ángeles Hermida Paredes, escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

• Tribunal suplente:

– Presidencia: María del Carmen Pazos Area, técnica de administración xeral da Administración local, do Concello de Vigo.

– Vogais:

Ana María López Guizán, letrada do Consello Consultivo de Galicia.

Sonia Dapena Lois, subescala Secretaría-Intervención do Concello de Caldas de Reis.

Pablo Olmos Pita, técnico de administración xeral da Administración local do Concello de Vigo

– Secretaría: Mª Dolores Ojea Troncoso, escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

Vigo, 17 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo