Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30303

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (252/2018).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 252/2018, seguido a instancias de María Obdulia Pedreira López, contra María Josefa Eugenia Villamel Cabezudo, Cándido Osorio Lenza, Cándido Daniel Osorio Villamel, Ana María Osorio Villamel, Gladys Villamel Lenza, Gustavo Villamel Ríos, Berta López Villamel, Isabel Pérez Villamel e herdeiros incertos e descoñecidos herdeiros de Francisco Javier Cabana Villamel, en que se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decido:

Estimo integramente a demanda interposta pola representación de María Obdulia Pedreira López, contra os demandados, María Josefa Eugenia Villamel Cabezudo, Gustavo Villamel Ríos, María Berta López Villamel, María Isabel Pérez Villamel, Cándido Osorio Lenza, Ana María e Cándido Daniel Osorio Villamel e Gladys Villamel Lenza e, en consecuencia, declaro que:

– Ángeles, Daniel e Gustavo Villamel Cabana, María Josefa Eugenia Villamel Cabezudo, como única herdeira de Leonardo Villamel Cabana e única habente causa de Antonio Villamel Cabana, María Berta López Villamel, como única herdeira de Julia Villamel Cabana, Isabel Pérez Villamel, como única herdeira de Oliva Villamel Cabana, e María del Carmen Romero Graíño, como titora de Francisco Javier Villamel Cabana e xudicialmente autorizada para iso, venderon e transmitiron á demandante, que adquiriu con carácter privativo, a primeiros de agosto de 2010, o predio descrito no feito primeiro da demanda, con entrega do prezo aos vendedores e entrando a compradora na posesión do terreo como dona, na cal continúa, polo que lle pertence o pleno dominio do devandito terreo á señora Pedreira López con carácter privativo.

– Os demandados, María Josefa Eugenia Villamel Cabezudo, como única herdeira de Leonardo Villamel Cabana e única habente causa de Antonio Villamel Cabana, María Berta López Villamel, como única herdeira de Julia Villamel Cabana, Isabel Pérez Villamel, como única herdeira de Oliva Villamel Cabana, Cándido Osorio Lenza e os seus fillos Ana María e Cándido Daniel Osorio Villamel, na súa condición de herdeiros de Ángeles ou Angelina Villamel Cabana, Gladys Villamel Lenza, na súa condición de herdeira de Daniel Villamel Cabana, Gustavo Villamel Ríos, como herdeiro de Gustavo Villamel Cabana, e o herdeiro/s de Francisco Javier Villamel Cabana, veñen obrigados a solemnizar en escritura pública o contrato de compravenda expresado no pronunciamento precedente, así como a cubrir na devandita escritura os requisitos necesarios para lograr que o predio descrito no feito primeiro sexa inscrito tanto no Catastro como no Rexistro da Propiedade a nome da súa propietaria María Obdulia Pedreira López.

Condénase os demandados a estar e pasar por tales pronunciamentos e a executalos ao seu teor.

Non se fai expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en forma aos incertos e descoñecidos herdeiros de Francisco Javier Cabana Villamel, estendo o presente edicto.

Mondoñedo, 28 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza