Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30704

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 25 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día dez (10) de xullo de 2019, no pavillón nº 1 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 17.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta do tribunal