Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30702

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 9 de xaneiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

En virtude da Resolución do 9 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 11, do 16 de xaneiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

Posteriormente as persoas aspirantes que a seguir se relacionan foron nomeadas funcionarias de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2019), polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

***6704**

Alonso de Abel, Rebeca

***0815**

Gómez Sedes, Marta María

***2556**

Ramos Pena, Marta

Segundo. Incluír as devanditas persoas aspirantes na relación definitiva de aspirantes excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, polo motivo 44 (xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública