Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30700

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que obtiveron praza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de Xustiza JUS/188/2019, do 20 de febreiro de 2019 (BOE do 27 de febreiro), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e consonte os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 16 de maio de 2019 (BOE do 24 de maio) e resolto pola Resolución do 11 de xuño de 2019, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Manuel García Louro, aspirante núm. 9, para o Rexistro de Lalín.

• Emiliano Voces de Onaindi González, aspirante núm. 10, para o Rexistro de Arteixo.

• Sara Rodríguez Vega, aspirante núm. 19, para o Rexistro de Caldas de Reis.

• Irene Bemposta Iglesias, aspirante núm. 27, para o Rexistro de Ourense nº 3.

• Pilar Verdejo García, aspirante núm. 41, para o Rexistro de Ortigueira.