Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 17 de xuño do 2019, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R003/103/2017 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 de la citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o órgano arbitral que se designou a tal efecto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego do Consumo e da competencia, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ferrol, 17 de xuño de 2019

Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente número: 15R003/103/2017.

NIF: 32637447X.

Acto notificado: laudo arbitral do 29.11.2018.

Expediente número: 15R003/725/2018.

NIF: 76396865L.

Acto notificado: laudo arbitral do 30.10.2018.