Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30880

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Resolución do 9 de abril de 2019.

Por Resolución do 9 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio de 2019, e mais no Boletín Oficial del Estado número 116, na mesma data, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e mais no Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, segundo se detalla no anexo, a convocatoria pública efectuada por resolución desta dirección xeral do 9 de abril de 2019.

Segundo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, e de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderana impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto axudicado

Adxudicatario

Nome do posto: director/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XG9251810015770301.01.

Deserto

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Código do posto: XG9251820015001310.02.

Deserto

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Ferrol.

Código do posto: XG9251820015350305.02.

Marcos Hernández Ballesteros

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Lugo.

Código do posto: XG9251820027001306.02.

Deserto

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Ourense.

Código do posto: XG9251820032001306.02.

Julio Jiménez Feliz

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Código do posto: XG9251820036001306.02.

Beatriz Otero Abadín

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Vigo.

Código do posto: XG9251820036560310.02.

Ana Belén Pérez Gómez