Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30882

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 26 de marzo de 2019, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 26 de xuño de 2019, o tribunal nomeado por Resolución da Dirección Xeral de Administración Local para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución do 26 de marzo de 2019

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 37 e 60. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 64 e 65, respectivamente. Así mesmo, corrixir o modelo de respostas de forma que as respostas que corresponden ás preguntas 23, 39, 49, 59 e 98 son: 23 b), 39 b), 49 b), 59 d) e 98 d).

Segundo. Desestimar o resto de reclamacións presentadas, constando a motivación na acta do 26 de xuño de 2019.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 6.2 da Orde do 30 de novembro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro), e tendo en conta o artigo 6 da Resolución da Dirección Xeral de Administración Local, do 1 de decembro de 2017, e o acordo deste tribunal do 29 de maio de 2019, superaron o exercicio tipo test correspondente a cada subescala aqueles que contestaron un mínimo de 30 preguntas correctas sobre 60, tendo en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se desconta unha correcta.

Cuarto. Publicar na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A, as puntuacións obtidas na proba tipo test e na proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados obtidos polos/as aspirantes.

Quinto. De acordo co disposto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas sobre a puntuación obtida na proba tipo test, a proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Administración local nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal