Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30884

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de 45 prazas da escala administrativa vacantes no cadro de persoal funcionario desta universidade.

Debido á necesaria provisión de 45 prazas vacantes da escala administrativa da Universidade da Coruña, da vixente relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos, e conforme coa Resolución do 22 de xullo de 2016 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2016 (DOG do 3 de agosto), coa Resolución do 5 de outubro de 2017 pola que se publica a oferta pública de emprego do persoal de administración e servizos desta universidade para o ano 2017 (DOG do 18 de outubro), coa Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se publica a oferta pública de emprego do persoal de administración e servizos desta universidade para o ano 2018 (DOG do 30 de agosto) modificada pola Resolución do 14 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro), coa Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2019 (DOG do 5 de xuño) e coa Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se publica a oferta de emprego público de estabilización de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2019 (DOG do 5 de xuño), esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar probas selectivas para cubrir, pola quenda libre, as seguintes prazas:

45 prazas da escala administrativa da Universidade da Coruña, grupo C, subgrupo C1.

Das 45 prazas reservaranse dúas (2) para ser cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 del artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, de acordo co establecido no artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. No suposto de que estas prazas non sexan cubertas, excluiranse das cotas de reserva e pasarán a acumularse ás restantes prazas. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con discapacidade, que se presentase pola cota de reserva de persoas con discapacidade, superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

Ao abeiro do disposto na Resolución da Xerencia do 2 de xuño de 2016, modificada por outra do 20 de febreiro de 2017, pola que se regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña, ao remataren as probas selectivas constituiranse listaxes de agarda para cubrir, con carácter temporal, os postos de traballo que poidan xurdir ata o próximo proceso selectivo. Para estes efectos, as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo III, e especificando as súas opcións de preferencia en canto á localidade e tipo de nomeamento.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. As persoas que desexaren tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo modelo que figura como anexo III desta convocatoria e deberán presentarse acompañadas de:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do/da nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/da seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Os/as aspirantes estranxeiros/as que estean exentos/as da realización da proba, logo de acreditación do coñecemento do castelán establecida na base 8 desta convocatoria, xuntarán, para tal efecto, a fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

c) Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras administracións públicas españolas referido á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida por quen teña atribuídas as competencias en materia de persoal na administración correspondente. Se os servizos foron ou son prestados na UDC deberá indicarse na epígrafe correspondente da solicitude e, deste xeito, a certificación expedirase de oficio e engadirase á solicitude do/da aspirante.

d) Fotocopia da titulación académica requirida.

e) Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, co obxecto de quedar exentas da realización do primeiro exercicio.

f) As persoas aspirantes pola quenda libre deberán xustificar o pagamento co documento bancario acreditativo de que se aboaron os dereitos de exame que ascenden a 31,18 euros para o subgrupo C1, que se ingresarán no Banco Santander Central Hispano na conta IBAN ES76 0049-5030-15-2516011262.

Segundo o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento, as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia da cualificación da discapacidade ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación desta convocatoria. Para o goce da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita da persoa solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non presenten o documento referido na epígrafe 1.1.a), ou non aboen os dereitos de exame e non presenten o xustificante de bonificación ou exención dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes. Non se concederá ningún prazo adicional para o aboamento dos dereitos de exame.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas.

1.2. As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días hábiles que contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou das copias compulsadas no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da puntuación do último exercicio da fase de oposición. Os servizos prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade, referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

1.4. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.2 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

1.5. As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro correspondente da solicitude e solicitar, se for o caso, as posibles adaptacións de tempos e de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para seren admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir e manter os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o/a cónxuxe, descendentes e descendentes do/da cónxuxe, dos/das españois/españolas e dos/das nacionais doutros estados membros da Unión Europea, se non estivesen separados/as de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Ter feitos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación exixida para o subgrupo C1 na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, ou en condicións de a obter na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de que a persoa aspirante posúa unha titulación académica estranxeira para poder participar no proceso selectivo, deberá ter homologado previamente o título, de acordo co previsto na lexislación española.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme. No caso de nacionais doutros estados non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Todos os requisitos deberán posuírse no momento de rematar o prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador que foi asignado para as xulgar establecerá, para as persoas con discapacidade que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se lle presentaren dúbidas ao tribunal con respecto á capacidade das persoas aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades que habitualmente desenvolven os/as traballadores/as da categoría convocada, poderá solicitar o correspondente ditame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

3.3. As persoas con discapacidade definidas no apartado 2 del artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, que se presenten pola cota de reserva para persoas con discapacidade deberán presentar xunto coa solicitude copia da cualificación da discapacidade.

4. Relacións de persoas admitidas e excluídas.

4.1. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días hábiles, o xerente da universidade ditará resolución e declarará aprobadas as relacións provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicarán na sede electrónica da Universidade da Coruña, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se for o caso, as causas de exclusión.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, que contará a partir da publicación da referida resolución, para corrixiren o defecto que motivase a exclusión. Unha vez transcorrido o devandito prazo, o xerente ditará a resolución en que se declarará aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que será publicada na sede electrónica da Universidade da Coruña.

4.2. O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 12 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O temario das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. A composición do tribunal cualificador destas probas será publicado na sede electrónica da Universidade da Coruña cunha antelación de, polo menos, un mes a respecto da data de inicio dos exercicios.

6.2. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao xerente da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou participasen en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorreren as circunstancias citadas.

6.3. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia do/da presidente/a e do/da secretario/a, ou, de ser o caso, daqueles/as que os/as substitúan, e, como mínimo, da metade dos seus membros. Nesta sesión o tribunal acordará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

6.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificados no punto anterior.

6.5. O tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 39/2015.

6.6. O tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que considere pertinentes, e estes limitaranse a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores/as faraa o xerente da Universidade da Coruña, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 6.2.

6.7. Os membros do tribunal cualificador deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao exixido para participar no proceso selectivo.

6.8. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con algunha discapacidade gocen de similares condicións para realizar os exercicios que o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base 1.5, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

6.9. O/a presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos perante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aqueles/as opositores/as que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

6.10. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da Universidade da Coruña.

6.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6.12. O tribunal terá a categoría que lle corresponda segundo o Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e a data de comezo dos exercicios farase público na resolución da Xerencia que aprobe as relacións definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. O primeiro dos exercicios non terá lugar antes de seis meses desde a publicación desta convocatoria.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria no DOG.

7.3. A orde de actuación dos/das opositores/as iniciarase alfabeticamente por aqueles/as cuxo primeiro apelido empece pola letra Q, de conformidade coa Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro de 2019, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

7.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren a súa identidade.

7.5. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídas da oposición aquelas que non comparezan, agás non casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

7.6. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal na sede electrónica e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilitar a súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para a súa iniciación.

7.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do/da interesado/a, deberá proporlle a súa exclusión ao xerente da Universidade da Coruña e comunicarlle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase da oposición os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e de expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do idioma español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto/a ou non apto/a; é necesario obter a valoración de apto/a para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten mediante unha fotocopia compulsada, estaren en posesión do diploma español como lingua estranxeira (nivel B2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación non poderán ser declaradas exentas e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita.

9. Embarazo de risco ou parto.

Se algunha das aspirantes non puider completar o proceso selectivo por causa de embarazo de risco ou parto, debidamente acreditados, a súa situación quedará condicionada á finalización deste e á superación das fases que quedasen aprazadas, sen que se poidan aprazar estas de xeito que se menoscabe o dereito do resto dos aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o cal deberá ser valorado polo tribunal cualificador e, en todo caso, a súa realización terá lugar antes da publicación da listaxe de aspirantes que superasen o proceso selectivo.

10. Relación de persoas aprobadas.

10.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador publicará na sede electrónica da Universidade da Coruña, así como naqueloutros lugares que considere oportuno, a puntuación que obtiveron as persoas aspirantes, así como, se for o caso, a de cada unha das probas que compoñen o proceso.

Os/as aspirantes disporán de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das puntuacións provisionais de cada exercicio, para presentar reclamacións. Disporán de idéntico prazo para reclamar contra as puntuacións da fase de concurso, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Posteriormente, o tribunal publicará, neses mesmos lugares, a relación definitiva de persoas aprobadas para cada un dos sistemas de acceso, que en ningún caso poderá conter un número de persoas candidatas superior ao das prazas convocadas, en que constará o nome e a puntuación das persoas aspirantes que, ao acadaren a puntuación mínima exixida para superar os exercicios da fase de oposición, obtiveron a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I. As persoas opositoras que non estiveren incluídas nas respectivas relacións terán a consideración de non apto/a para todos os efectos, único aspecto acerca do que o tribunal poderá certificar.

10.2. O tribunal publicará a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

10.3. A cualificación final do proceso selectivo será a suma das puntuacións que se obteñan na fase de oposición e na fase de concurso. Os puntos que se obteñan nesta última, en ningún caso, poderán sumarse para os efectos de superar a fase de oposición. En caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida nos exercicios e pola seguinte orde: último exercicio do proceso selectivo e, se persistise, atenderase á maior puntuación no penúltimo exercicio, e, se persistise, atenderase á maior puntuación na fase de concurso. No caso de que continuase persistindo o empate, dirimirase por sorteo público en presenza dos/das opositores/as empatados/as.

10.4. O tribunal remitiralle ao xerente a relación definitiva das persoas aspirantes aprobadas pola orde desta puntuación final, con proposta de que se lles formalice o correspondente nomeamento. No caso de que algunha das persoas desa relación renunciase ou non cumprise con algún dos requisitos, requirirase do tribunal unha nova relación en que figure a persoa que substitúe a quen non é posible nomear.

11. Listaxes de espera.

Constituirase unha listaxe de espera, ao abeiro do disposto na Resolución da Xerencia do 2 de xuño de 2016, modificada por outra do 20 de febreiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas persoas aspirantes que non acadasen a puntuación final suficiente para a súa inclusión na relación definitiva de aprobados. Na listaxe incluiranse as persoas que superasen todos os exercicios da oposición. No caso de existir fase de concurso, sumarase a puntuación obtida nesa fase.

12. Presentación de documentos e nomeamento.

12.1. No prazo de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que se publique a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas, estas deberán presentar no Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, 9) a documentación acreditativa dos requisitos exixidos na convocatoria e os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que inhabilite no seu Estado o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o servizo.

d) Os/as aspirantes con discapacidade igual ou superior ao 33 %, deberán acreditar tal condición mediante unha certificación dos órganos competentes.

12.2. Unha vez que a persoa aspirante, supere as probas selectivas, e realice debidamente os trámites de presentación de documentos, será nomeada funcionario/a da escala administrativa da Universidade da Coruña (subgrupo C1).

Segundo. De acordo co disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos indicados na solicitude pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, que ten por finalidade a xestión do persoal da Universidade da Coruña. O ficheiro está baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral. Coa súa participación neste proceso selectivo as persoas interesadas autorizan á Universidade da Coruña para que publique os seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza deste procedemento de concorrencia competitiva. Así mesmo, poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, en cumprimento do que establece a LOPD, ante a Secretaría Xeral da Universidade da Coruña.

De acordo co disposto nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, e polo que se derroga a directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), as persoas participantes no proceso selectivo son informadas de que o responsable do tratamento dos seus datos persoais é a Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de que estes datos se tratarán para as finalidades deste proceso selectivo, se conservarán durante a tramitación do proceso selectivo e os prazos para interpor recurso en vía administrativa ou xudicial. As persoas participantes poden solicitar o acceso, rectificación ou supresión, poden presentar unha reclamación perante unha autoridade de control e, no caso de que se proxectase un tratamento para outra finalidade, avisarase a persoa participante e facilitaráselle a información adicional necesaria.

Terceiro. As presentes probas selectivas axustaranse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificado polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), no artigo 57 de acceso ao emprego público de nacionais doutros estados, do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e nas bases desta convocatoria.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta Reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de xuño de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección

Fase de oposición: 70 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, dado que é a súa área profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio: 40 puntos.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 100 preguntas (máis tres de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta, baseado no contido completo do temario que figura como anexo a esta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación, cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 40 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 20.

Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio: 30 puntos.

Consistirá na realización dunha proba práctica dirixida a apreciar e valorar os coñecementos informáticos e a capacidade no manexo das aplicacións: Microsoft Word 2010 (procesador de textos) e o Microsoft Excel 2010 (folla de cálculo). Cada asistente contará con un equipamento informático para o desenvolvemento do exercicio. O tribunal dará as instrucións que considere necesarias para a súa realización e fixará o tempo de realización deste exercicio que terá unha duración máxima de 90 minutos e que consistirá no desenvolvemento dun suposto práctico. Cualificarase de 0 a 30 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Fase de concurso: 30 puntos.

• Experiencia.

Ata un máximo de 20 puntos.

Por servizos prestados na Universidade da Coruña como funcionario de carreira ou interino da escala auxiliar e da escala administrativa ou como persoal laboral fixo ou temporal dos grupos III e IV-A en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes: 0,24 puntos por mes.

Por servizos prestados noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino en corpos ou escalas do grupo C de Administración xeral ou como persoal laboral fixo ou temporal dos grupos III e IV en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes: 0,08 puntos por mes.

• Formación.

A formación valorarase ata un máximo de 10 puntos.

Os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

– Cursos de formación xeral e específica ata un máximo 8 puntos:

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe valoraranse os cursos, convocados, impartidos e/ou recibidos, ou homologados por:

- Institutos ou escolas de Administración pública.

- Universidades.

- Servizos públicos de emprego.

- Organizacións sindicais.

- Mutuas de traballo e servizos de prevención.

- Impartidos no marco do Acordo de Formación dos Empregados Públicos.

Que versen sobre formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo e os cursos de formación de idiomas da Unión Europea.

Os cursos impartidos sempre se valorarán como se fosen de aproveitamento ou aptitude. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

- Cursos recibidos de aptitude e cursos impartidos: 0,04 puntos/hora.

- Cursos de asistencia: 0,02 puntos/hora.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

– Cursos de lingua galega ata un máximo de 2 puntos:

- Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1 punto.

- Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 1,5 puntos.

- Celga 5: 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetise a súa participación, e unicamente o de nivel superior ou avanzado.

Non se valorará:

A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

Os cursos de doutoramento.

Os módulos ou partes integrantes dun curso.

Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

ANEXO II

Temario

1. A Constitución española de 1978. Título preliminar. Título I: dos dereitos e deberes fundamentais. Título III, cap. II: da elaboración das leis. Título IV: do Goberno e da Administración.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia. Título preliminar. Título I: do poder galego. Título II: das competencias de Galicia. Título III: da Administración pública galega.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar; título I: dos interesados no procedemento; título II: da actividade das administracións públicas; título III: dos actos administrativos; título IV: das disposicións sobre o procedemento administrativo común; título V: da revisión dos actos en vía administrativa.

4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I: disposicións xerais; capítulo II: dos órganos das administracións públicas (excepto a subsección 2ª da sección 3ª); cap. III: principios da potestade sancionadora; cap. IV (só a sección 2ª), e cap. V: funcionamento electrónico do sector público. Título III: relacións interadministrativas; capítulo I: principios xerais das relacións interadministrativas e capítulo II: deber de colaboración.

5. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Títulos I, II, III e IX.

6. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Título preliminar e título I: caps. I e IV.

7. Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificado polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña.

8. Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

9. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia: título I: da ordenación do Sistema universitario de Galicia e título II: da coordinación e a colaboración.

10. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

11. Real decreto 1044/2003, do 1 de agosto, polo que se establece o procedemento para a expedición polas universidades do suplemento europeo ao título e Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo el territorio nacional.

12. Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.

13. Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

14. Real decreto 22/2015, do 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do suplemento europeo aos títulos regulados no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e se modifica o Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, polo que se establece o Marco español de cualificacións para a educación superior. Orde ECD/760/2013, do 26 de abril, que establece os requisitos de expedición do título do programa Erasmus Mundus.

15. Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.

16. Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña.

17. Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime de bolsas e axudas ao estudo personalizadas.

18. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I e títulos do III ao IX.

19. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

20. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; título II: caps. I, II, IV e V, e título IV: caps. I e II.

21. Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios.

22. Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: título II: recursos humanos dedicados á investigación.

23. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título III: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia: contido e aprobación, dos créditos e das súas modificacións, execución e liquidación; o control interno.

24. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: título preliminar: disposicións xerais; libro primeiro: configuración xeral da contratación do sector público e elementos estruturais dos contratos.

25. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: libro segundo, título I, capítulo I, sección 3ª: dos efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos.

26. O orzamento da Universidade da Coruña. Bases de execución do orzamento. Fases de execución do gasto.

27. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: artigos 2, 4, 14, 15 e 29.

28. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Título I: cap. II: campo de aplicación e estrutura do sistema da Seguridade Social; cap. III: sección 1ª: afiliación ao sistema de altas, baixas e variacións de datos nos réximes que o integran; sección 2ª: cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta; cap. IV: acción protectora. Artigos 156 e 157.

29. Normativa da UDC en materia de pantallas de visualización de datos.

Nota: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data de fin de presentación de solicitudes.

missing image file