Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30824

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18, convocados pola Orde do 15 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 4 de marzo).

A Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG do 4 de marzo), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18

Sol.

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. C.

Centro educativo

Importe

19000081

Balboa Ferreiro, Belén

Sanidade

15025116

CPR Santa Apolonia

850 €

19000160

Dono Costoya, Alba

Comercio e márketing

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

19000108

Brea Bodelo, Rafael

Electricidade e electrónica

15002591

IES Monte Neme

850 €

19000099

Prieto Lorenzo, Pablo

Actividades físicas e deportivas

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

19000227

Prado Esparza, Víctor

Informática e comunicacións

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

19000124

Carreiras Suárez, Ana

Administración e xestión

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

850 €

19000121

Cernadas Fernández, Cristina

Edificación e obra civil

15027058

IES As Fontiñas

850 €

19000017

Aguilella Martínez, Iris

Servizos socioculturais e á comunidade

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

850 €

19000157

Beloso Blanco, Raquel

Instalación e mantemento

36011634

IES Politécnico de Vigo

850 €

19000126

Corral Vieiro, Lucía

Hostalaría e turismo

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

850 €

19000131

da Cunha García, Ana Marisa

Imaxe persoal

32009116

IES 12 de Outubro

850 €

19000050

Fernández Varela, Adrián

Transporte e mantemento de vehículos

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

19000007

Iglesias Losada, María de los Ángeles

Imaxe e son

36024461

IES Audiovisual de Vigo

850 €

19000218

Cerviño Otero, Pablo

Química

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

19000060

Ruiz Blanco, Manuel

Agraria

36007552

CIFP A Granxa

850 €

19000107

García Paz, Xosé Manuel

Industrias alimentarias

36007552

CIFP A Granxa

850 €

19000022

Martínez Torres, Jorge

Marítimo-pesqueira

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

850 €

19000071

Romay Franco, Raquel

Seguridade e ambiente

36007552

CIFP A Granxa

850 €

19000145

López Rodríguez, Marta

Enerxía e auga

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

19000123

Álvarez Miguélez, Roberto Carlos

Madeira, moble e cortiza

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

850 €