Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31144

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se resolven as alegacións presentadas con relación ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 19 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda, do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado polas ordes do 12 de marzo (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e do 14 de marzo (DOG núm. 53, do 15 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, acordou:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida polos seguintes aspirantes, que quedan como a seguir se amosa:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

***6267**

Prieto Acuña, Gabriel

26,94

***7377**

Fernández Pérez, Guadalupe

28,88

Segundo. Publicar este acordo no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Presidente do tribunal