Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31143

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se resolven as alegacións presentadas con relación ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 25 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), acordou:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo da aspirante Paloma Martínez Formoso, con NIF 3614****W, que pasa a ser de 35,11 puntos.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións recibidas.

Terceiro. Publicar este acordo no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

María Araceli Romero Míguez
Presidenta do tribunal