Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 30970

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN315A).

O sector da minaría ten en Galicia unha gran tradición e un gran impacto na nosa economía, xa que xera 5.000 empregos directos e representa máis do 1 % do PIB da comunidade e en determinadas zonas constitúe o seu principal motor económico. O potencial de crecemento deste sector é elevado, debido ás condicións socioeconómicas actuais que derivan do incremento na demanda de minerais necesarios para o mantemento da nosa forma de vida e a necesidade crecente da industria europea de ter garantido o acceso ás materias primas minerais ante as dificultades de abastecemento nos mercados internacionais.

O Goberno de Galicia cre nunha minaría segura e sustentable, capaz de crear máis valores e máis emprego para a nosa comunidade, partindo da defensa do estrito cumprimento da legalidade vixente. E así o veñen a reforzar as modificacións lexislativas aprobadas nos últimos anos, sempre na busca da excelencia ambiental e na promoción do desenvolvemento sustentable deste sector.

Neste contexto, faise necesario camiñar cara á sustentabilidade do noso sector mineiro, fomentando o desenvolvemento de accións que vaian orientadas a mellorar as prácticas do sector nos ámbitos ambientais e laborais; a aproveitar de maneira máis racional e eficiente os recursos minerais existentes no noso territorio; a investigar e innovar as mellores técnicas e tecnoloxías a aplicar nas actividades mineiras, a avanzar na transferencia do coñecemento deste sector e a súa divulgación co obxecto de que a sociedade teña maior coñecemento del.

As axudas que se regulan e convocan a través desta orde van dirixidas a entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionados coa minaría e desenvolvan actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes incentivos teñen por finalidade a realización das accións indicadas no parágrafo anterior.

A concesión das axudas, cuxas bases se regulan nesta orde, deberá levarse a cabo tendo en conta as limitacións exixidas polo dereito da Unión Europea. Neste sentido, nos casos en que proceda, deberase atender ao establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, ao aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, á investigación e innovación no seu aproveitamento e á transferencia de coñecemento no marco dun desenvolvemento sustentable, así como á divulgación do sector na sociedade, incluíndo a investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia e a recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro.

2. Así mesmo, por medio desta orde e consonte as bases, apróbase a convocatoria destas subvencións para o ano 2019.

3. O código asignado a este procedemento administrativo é IN315A, mediante o cal se facilitará a identificación e acceso para a tramitación destas axudas ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. As subvencións que se outorguen para as actuacións obxecto desta convocatoria serán con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.20.734A.781.0 Desenvolvemento do sector mineiro en Galicia, 09.20.734A.744 A Universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e 09.20.734A.745 A outras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma do orzamento de gastos para o ano 2019. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 1.000.000,00 euros. A procedencia dos fondos é propia.

No caso de resultar adxudicataria da subvención algunha das entidades das recollidas no artigo 3 das bases reguladoras que non estivesen incluídas no concepto A institucións sen fins de lucro da clasificación económica do orzamento de gasto, farase previamente á resolución de concesión a correspondente transferencia de crédito ao concepto desagregado do artigo 74.

2. Poderase ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

– Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

– Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Solicitudes

Para solicitar estas axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comenza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Información básica sobre protección de datos persoais

1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos na carpeta cidadá.

2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/información-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

3. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

4. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 8. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 9. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN315A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal

b) Os teléfonos da dita dirección xeral: 981 95 70 92, 981 95 70 90 ou 981 54 54 65.

c) https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase o director xeral de Enerxía e Minas para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen
ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento
do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable.

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, ao aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, á investigación e innovación no seu aproveitamento e á transferencia de coñecemento no marco dun desenvolvemento sustentable, así como á divulgación do sector na sociedade, incluíndo a investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia e a recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Réxime de aplicación

As axudas contidas nestas bases, pola natureza da entidade beneficiaria e as actuacións subvencionables non constitúen axudas de estado ao abeiro do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (versión consolidada DOUE C202/47 do 7.6.2016), agás que as entidades exerzan actividade económica, segundo o disposto no artigo 1 do anexo do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, en cuxo caso o procedemento quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Así mesmo, de ser de aplicación, haberá que aterse ao disposto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, de minimis, en relación co límite da axuda, de tal xeito que a axuda total de minimis concedida non será superior a 200.000 € durante o período do exercicio fiscal en curso e dos dous exercicios fiscais anteriores.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionadas coa minaría. As ditas entidades non deberán exercer unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan de contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas.

En todo caso, serán admitidas como entidades sen ánimo de lucro as universidades, con ensinanzas universitarias e/ou apoio á investigación en ámbitos do coñecemento relacionados coa minaría, e os colexios profesionais dos enxeñeiros de minas, enxeñeiros técnicos de minas e xeólogos.

2. As persoas beneficiarias deberán desenvolver actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma e deberán atoparse ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Artigo 4. Actuacións e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables as actuacións, actividades, proxectos ou estudos que teñan como finalidade impulsar a realización de accións que contribúan a:

a) Mellorar as prácticas preventivas en materia de riscos laborais, propoñendo solucións específicas e aplicables ao sector.

b) Mellorar as prácticas ambientais do sector mineiro.

c) Fomentar a investigación e a innovación en sistemas de explotación e de tratamentos mineiros innovadores que minimicen os impactos ambientais e territoriais.

d) Transferencia de coñecemento, entendendo como tal o proceso polo cal os resultados da investigación e da innovación, así como da tecnoloxía, son transferidos aos actores económicos ou institucionais do sector da minaría co fin de xerar valor e desenvolvemento económico sustentable.

e) Actuacións que promovan un aproveitamento máis racional e eficiente dos recursos que permitan un desenvolvemento económico sustentable e integrador social e territorialmente.

f) Divulgación do sector mineiro galego, fomentando o coñecemento da actividade mineira pola sociedade.

g) Investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia.

h) Recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro galego.

Non se financiarán publicacións cuxos contidos impliquen recompilación, recensión, revisión ou reedición doutras publicacións xa existentes. En particular, non se financiarán publicacións tipo catálogos ou inventarios que se limiten a reproducir relacións de elementos ou actuacións.

2. Consideraranse, así mesmo, gastos subvencionables os seguintes:

– Recursos humanos: gastos de persoal, tanto propio como o que se contrate especificamente, que só poderá ser imputado ao proxecto en función da dedicación efectiva ao mesmo. Coa finalidade de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos de persoal propio subvencionables non poderán superar o 50 % do total do investimento subvencionable da actuación e a súa contía máxima será de 40.000 euros. Estes límites aplicaranse, así mesmo, aos gastos de persoal efectivamente xustificados respecto do total xustificado.

– Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto.

– Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia.

– Servizos externos: contratacións con entidades externas necesarias para o eficiente desenvolvemento dos proxectos.

– Material funxible: adquisición de materiais funxibles, compoñentes precisos, subministracións e produtos similares.

– Gastos indirectos: imputaranse polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo aos principios e normas de contabilidade xeralmente admitida e en todo caso na medida que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se realiza a actividade. Excluiranse aqueles gastos que teñan financiamento directo a través dalgunha das partidas do investimento do proxecto subvencionable. Así mesmo, de cara a unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos indirectos imputados á actividade subvencionada non poderán superar o 8 % do importe total do resto das partidas do investimento subvencionable do proxecto.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada.

Así mesmo, de acordo co disposto no número 7 do dito artigo, os gastos financeiros, os de asesoría xurídica e financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación desta.

4. As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2019 ata a data de xustificación establecida no artigo 23 destas bases.

5. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado. Así mesmo, a comisión de valoración poderá considerar como non subvencionables ou limitar a súa porcentaxe en relación co investimento subvencionable total do proxecto, á vista das solicitudes presentadas, aqueles conceptos que se consideren menos críticos para o normal desenvolvemento da actuación obxecto de axuda ou elementos que se consideren reiterativos doutros acometidos e subvencionados en exercicios anteriores.

6. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

Artigo 5. Financiamento e intensidade das axudas

A intensidade máxima da axuda será do 80 % do investimento total subvencionable, ata un máximo de 100.000,00 € por proxecto ou actuación.

Artigo 6. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

A percepción destas axudas será compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública ou entes públicos ou privados, nacionais, internacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, supere o custo total do investimento subvencionable.

A verificación de concorrencia de axudas para a mesma finalidade realizarase sobre os mesmos custos subvencionables, de forma que non se excedan as intensidades permitidas definidas neste artigo.

O solicitante deberá dar a coñecer mediante declaración responsable as axudas que obtivese para a actividade subvencionada, tanto ao presentar a solicitude de axudas como en calquera momento ulterior no que se produza esta circunstancia. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, coa xustificación da axuda.

Artigo 7. Procedemento de concesión

As axudas reguladas por estas bases tramitaranse conforme o procedemento de concorrencia competitiva mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan no artigo 16 destas bases.

Artigo 8. Órganos competentes para a ordenación, instrución e resolución do procedemento de concesión

1. O órgano competente para efectuar a convocatoria e ditar a resolución de outorgamento das axudas a que se refire esta orde será o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, sen prexuízo das delegacións existentes nesta materia.

2. O órgano responsable da instrución e ordenación do procedemento de concesión e do seguimento das actuacións financiadas será a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Artigo 9. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indique na convocatoria.

2. Presentarase unha solicitude para unha única actuación ou proxecto de investimento concreto, a cal deberá encadrarse nalgunha das finalidades indicadas no artigo 4 destas bases, cun máximo de 3 solicitudes por entidade.

3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación que se describe a seguir:

A) Documentación administrativa.

A.1. Documentación acreditativa de que o obxecto da entidade ou actividades realizadas por ela estean relacionadas coa minaría, para o cal presentará os estatutos da entidade e modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben acta ou escritura de constitución ou, na súa falta certificación do representante legal da entidade en que reflicta as actividades relacionadas coa minaría realizadas nos últimos 5 anos.

A.2. Quen asine a solicitude en nome da entidade solicitante deberá acreditar a súa condición de representante legal da citada entidade, ou ben acreditar a representación en que actúa mediante poder suficiente que o habilite para realizar en nome da persoa representada todas as actuacións que se prevexan nestas bases reguladoras.

A.3. No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

B) Documentación técnica.

Memoria técnica-económica descritiva da actuación datada e asinada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no punto A.2 anterior. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III, e incluirá as epígrafes do seguinte índice:

1. Datos da entidade solicitante.

2. Finalidade da actuación.

3. Descrición da actuación.

4. Obxectivo da actuación de cara á súa contribución á minaría sustentable.

5. Diagnose da situación inicial, indicadores e solucións.

6. Subsector a que beneficia a actuación e a súa xustificación.

7. Obxectivos e fitos claros e específicos da actuación.

8. Equipo de traballo. Organigrama.

9. Recursos e medios necesarios.

10. Plan de divulgación dos resultados.

11. Calendario de execución.

12. Orzamento detallado.

13. Anexos:

– Ofertas de provedores: 3 ofertas/orzamentos de distintos provedores cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, e unha oferta/orzamento dun provedor para os demais casos. No caso de que a elección entre as 3 ofertas non recaia na proposta máis vantaxosa, deberá xustificalo expresamente nunha memoria. Todo iso conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Documentos acreditativos do cumprimento dos criterios de valoración recollidos no artigo 16 das bases.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e indicando os datos especificados no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e xuntar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Aceptación e consentimentos

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nestas bases, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración actuante ou teñan sido elaborados por calquera outra Administración, neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.2 e 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que indiquen o momento e o órgano ante o que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos.

3. A cesión de datos de carácter persoal que, en virtude do establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento do afectado.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á cal se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, examinará as solicitudes e documentos anexos presentados e, se for o caso, requirirá o interesado para que emende a falta ou deficiencia na información facilitada ou xunte os documentos preceptivos no prazo de 10 días desde a recepción da notificación, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. En todo caso, considerase requisito preceptivo cubrir a información requirida nestas bases e nos seus anexos co contido mínimo necesario que permita a súa valoración.

3. Realizado o trámite anterior, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitirá o expediente xunto co seu informe, que incluirá a proposta de solicitudes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria establecidos nestas bases, á comisión encargada da súa valoración de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as condicións exixidas contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 15. Comisión de valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no artigo 16 destas bases. Na devandita avaliación determinarase a orde de prelación das solicitudes e os gastos subvencionables, establecendo o investimento subvencionable e o importe da subvención para cada unha delas.

A orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos poderase exceptuar no caso de que, unha vez finalizado o prazo de presentación, o crédito consignado na convocatoria fose suficiente para atender a todas elas.

2. A Comisión de Valoración estará composta polos seguintes membros, designados polo director xeral de Enerxía e Minas:

– A xefa de servizo de Xestión Mineira ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta.

– Un técnico titulado de minas de cada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que actuarán como vogais.

– Un funcionario da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, que actuará como secretario da Comisión, con voz pero sen voto.

Respecto de todos os membros da comisión de valoración será designado un suplente.

Así mesmo, poderán asistir, con voz pero sen voto, aqueles funcionarios da Subdirección Xeral de Recursos Minerais que participasen na tramitación das solicitudes presentadas.

3. Para unha mellor avaliación das solicitudes, a Comisión de Valoración, poderá xustificadamente solicitar da Dirección Xeral de Enerxía e Minas que se requiran cantos informes sexan necesarios para valorar as solicitudes presentadas, e que se requiran das entidades solicitantes información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa coa solicitude.

4. A Comisión de Valoración poderá adoptar, de forma motivada, cantos criterios xulgue necesarios para lograr a máxima eficiencia na asignación dos recursos.

5. O resultado da valoración será recollido nun informe aprobado pola comisión, que será asinado polo secretario co visto e prace da presidenta.

6. A Comisión de Valoración axustarase no seu funcionamento ao disposto nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7. Emitido o informe que recolle o resultado da valoración non se admitirán modificacións nas actuacións propostas nas solicitudes por parte das entidades solicitantes que poidan implicar a necesidade dunha nova valoración pola devandita comisión.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. Para cada proxecto ou actuación a puntuación máxima que se pode alcanzar será de 100 puntos e a valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a continuación e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Descrición

Baremo

Tipoloxía da actuación

Finalidade da actuación

25 puntos

Mellora das prácticas preventivas en materias de riscos laborais

25 puntos

Mellorar as prácticas ambientais do sector mineiro

25 puntos

Fomentar a investigación e a innovación en sistemas de explotación e de tratamentos mineiros

25 puntos

Transferencia de coñecemento e de tecnoloxía

25 puntos

Actuacións que promovan un aproveitamento máis racional e eficiente dos recursos

25 puntos

Resto das actuacións

15 puntos

Contribución á minaría sustentable da actuación ou actividades concretas subvencionadas

Obxectivo da actuación

20 puntos

O obxectivo principal da actuación é contribuír á minaría sustentable

20 puntos

A actuación contribúe de modo incidental na minería sustentable

10 puntos

Diagnose inicial, indicadores e solucións

15 puntos

Presenta unha diagnose da situación inicial

5 puntos

Deseña indicadores de impacto que permitan valorar a súa contribución á minaría sustentable

5 puntos

Presenta cun alto grao de detalle unha diagnose da situación inicial e deseña indicadores de impacto

15 puntos

Afección a subsector

15 puntos

Contribúe á minería sustentable de todo un subsector

15 puntos

Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con obxectivos e fitos claros e específicos

10 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria

5 puntos

Responsabilidade social corporativa

5 puntos

Dispoñer dos certificados de AENOR e de IQNet conforme co estándar IQNet SR10, ou similar

5 puntos

Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa que teña a presidencia ou dirección da entidade sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de dirección da entidade estea integrado por mulleres

5 puntos

Que a máxima responsabilidade na dirección técnica do proxecto/actuación recaia nunha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca Galega de Excelencia en Igualdade ou similar

5 puntos

Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para entidades cun número inferior a 50 traballadores ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para entidades con 50 ou máis traballadores superar o límite legal establecido do 2 %.

5 puntos

Renuncia ás axudas concedidas nas subvencións convocadas na orde de 2018 para o fomento do sector mineiro.

-10 puntos

No caso de que a entidade renunciase unha vez concedidas estas axudas na convocatoria anterior

-10 puntos

Grao de execución do proxecto subvencionado na orde de 2018 de axudas para o fomento do sector mineiro.

-10 puntos

Inferior ao 70 %

-10 puntos

2. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terase en conta a puntuación obtida do criterio de valoración establecido en primeiro lugar, e así sucesivamente.

3. Os aspectos e datos obxecto de valoración deberán detallarse e/ou xustificarse adecuadamente mediante os documentos acreditativos, certificacións ou declaracións responsables correspondentes. En caso contrario, poderán non ser tidos en conta pola Comisión de Valoración, facéndoo constar. Todas as declaracións que se presenten para a acreditación de criterios de valoración deberán estar asinadas por quen represente legalmente á persoa solicitante, ou acredite representación suficiente para o efecto, consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2.destas bases reguladoras.

4. En ningún caso poderá valorarse aquelas medidas ou accións cuxo cumprimento veña imposto pola lei.

Artigo 17. Trámite de audiencia

1. Unha vez valoradas as solicitudes segundo o disposto no artigo anterior, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, á vista do informe da Comisión de Valoración, formulará a proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que será notificada aos interesados para que, no prazo de 10 días, poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

A proposta de resolución provisional incluirá todas as solicitudes admitidas a trámite, tanto as propostas para a concesión de subvención como aquelas para as que se propón a súa desestimación ou se acepta o seu desistencia. De ser o caso, a proposta de resolución provisional tamén recollerá unha lista de reserva, que terá en conta a orde de prelación determinada pola Comisión de Valoración, en que consten aquelas solicitudes admitidas a trámite que presentaron toda a documentación administrativa requirida na orde e que cumpren todos os requisitos para ter a condición de beneficiario, que serán atendidas ben co crédito que quede libre de producirse algunha renuncia respecto dos proxectos propostos para subvención, ou ben co posible incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións.

De conformidade co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

2. Transcorrido o prazo de alegacións e unha vez examinadas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas formulará a proposta de resolución definitiva.

Artigo 18. Resolución

1. Unha vez formulada a proposta de resolución definitiva, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditará a resolución do procedemento de outorgamento de subvencións, que deberá estar debidamente motivada.

2. Na resolución farase constar o solicitante ou relación de solicitantes aos cales se lles concede a axuda, a puntuación obtida no proceso de valoración, o importe do investimento subvencionable aprobado e a contía da axuda concedida.

3. De ser o caso, informaráselles aos beneficiarios, sobre o carácter de minimis da axuda, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

4. Na resolución de concesión que se dite deberase facer constar a desestimación expresa do resto das solicitudes presentadas e admitidas a trámite.

Artigo 19. Prazo de resolución e notificación

1. O prazo máximo para a resolución do procedemento e a súa notificación será de 5 meses contados desde o día seguinte á publicación da orde de axudas no Diario Oficial de Galicia, que se computará segundo o establecido no artigo 40 da Lei 39/2015. Se, transcorrido devandito prazo, o órgano competente para resolver non notificase a dita resolución, os interesados estarán lexitimados para entender desestimada a súa solicitude.

2. A resolución de concesión notificarase ao solicitante conforme o disposto nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo da devandita notificación, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de axudas concedidas, expresando o programa, concepto orzamentario, titular e finalidade da axuda.

Artigo 20. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega de informe de auditor.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía, Emprego e Industria), e nas inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

l) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

m) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 22. Subcontratación

1. Permítese a subcontratación, total ou parcial, pola entidade beneficiaria das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A entidade beneficiaria non poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con empresas ou persoas vinculadas con ela ou cos seus órganos directivos e xestores, agás que concorran as circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado do anexo IV asinada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras, e acompañada da documentación sinalada nas seguintes epígrafes. O prazo máximo para presentar a xustificación será o 10 de decembro de 2019 (incluído).

a) Declaración responsable do representante legal da entidade ou dunha persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, epígrafe A.2 destas bases reguladoras (segundo modelo anexo V) do rendemento da conta xustificativa ante o órgano concedente e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

b) Memoria técnica xustificativa do cumprimento da actuación subvencionada e das condicións impostas na concesión da subvención, segundo o anexo VI, asinada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, epígrafe A.2 destas bases reguladoras. Nesta memoria indicarase co máximo detalle as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a súa relación directa cos gastos realizados na execución dos programas financiados que se imputen á subvención.

c) Memoria económica abreviada xustificativa do custo das actividades realizadas obxecto de axuda segundo o anexo VII; que consistirá nunha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, así como as cantidades inicialmente orzamentadas e as desviacións producidas. Esta táboa virá asinada e selada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, epígrafe A.2 destas bases reguladoras. A relación de gastos figurarán por orde cronolóxica.

d) Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

A actuación profesional do auditor de contas someterase ao disposto nas normas de actuación aprobadas mediante Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como as pautas establecidas no anexo II desta orde.

2. As persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente á consulta dos datos por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para solicitar as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada, a Consellería de Economía, Emprego e Industria requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non fosen remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, poderá entenderse que renuncia á subvención e declararase a perda do dereito ao cobramento, segundo o procedemento establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

2. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución da concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto, e se manteñan as porcentaxes por tipo de gasto subvencionable especificadas no artigo 4.2 destas bases.

Artigo 25. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da administración como polo beneficiario, consonte o artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Incumprimento, renuncia, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No caso de que a persoa beneficiaria desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá enviar un escrito, por medios electrónicos, e comunicará este feito co fin de proceder ao remate do expediente.

A renuncia á axuda, despois de transcorrido o prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión, poderá comportar penalización en convocatorias posteriores para as mesmas actuacións que fosen obxecto de concesión de subvención conforme a esta orde.

4. Á persoa beneficiaria das subvencións reguladas nestas bases seralle de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 28. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 29. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais normativa de aplicación, e de ser o caso, no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file